Conmemoración do día internacional contra a violencia de xénero
Dentro dás conmemoracións de obrigado cumprimento seguindo o calendario escolar está o Día internacional contra violencia de xénero, unha lacra da sociedade que podemos eliminar desde a educación.
É difícil achegar este concepto a realidade dos nosos nenos, espero que sexa algo lonxano a sua vida, máis é algo que está presente na nosa sociedade. A discriminación da muller existe e hai formas de maltratro moi sutiles, pero que si vemos a realidade que nos rodea existe: control do tempo, do telefóno , da forma de vestir......En nenos de idades máis altas é moi común , por iso o de educar desde ben pequechos vai a axudar a igualdade.
Hai cancións e historias que nos permiten achegar isto ao alumnado, e parece que lles chegou, pois sen esperalo fixeron unha pequena manifestación na saída. Os berros de NON A VIOLENCIA non estaban preparados para nada, sorprendendome sobre todo a min.
Aproveitando este día falamos da non violencia en xeral, e do que esta representaba: ocupar o espacio vital dos outros, insultar, menospreciar, despreciar, non valorar....espero que as sementes frutifiquen no futuro.
Na Escola entre todo o alumnado fixemos un video do que vos deixo enlace:
Comentarios
Publicar un comentario