A vertical

Empezamos cos trazos e hoxe ao mandar facer algunha das tarefas, as instruccións eran que trazaran liñas verticais. Pensando na casa recordei o concepto de vertical: recta imaxinaria que vai desde un punto calquera do espacio terrestre ao centro da terra.
Fallo profe, un trazo enriba dunha mesa é difícil que se poida chamar vertical. Pero imos a asumir que nun plano que é a folla imos chamar vertical ao que vai de arriba a abaixo.
O que fixemos para interiorizar a vertical foi ensartar nun pau “hamas”, novo material que lles encantou.










Comentarios

Publicacións populares