queremos ler
Nestas idades non é o común a lectura, pero si aparece se traballamos o recoñecemento das primeiras palabras. En tres anos o seu nome e de todos compañeiros da mesa. En 4 anos ou 5º de EI recoñecen case todos os nomes, os días da semana, o mes...entramos en contacto coas primeiras palabras, as grafías e os fonemas que as compoñen e así algún dos pequechos descubre a lectura e vemos como cos seus beizos comezan a deletrear o que pon escrito aventurandose a decilo en voz alta
Este proceso vese moi ben na aula cando temos unha palabra e tentamos averiguar que é.
Estos días permitiu a algunhas familias descubrir que os seus fillos estaban neste proceso.
Non forzar a máquina a lectura, aparece sen empurrar, xogando, creando curiosidade e entón un día din: SEI LER. Sempre me sae un sorriso cando o descubren, pois eu xa os vexo de moito antes.
O PROCESO NORMAL DURA ATÁ OS SETE ANOS, DEIXADE QUE SIGA O SEU CURSO.
Todos aprendemos a ler e non por facelo máis pronto nos convertimos en grandes lectores que é o que queremos conseguir do noso alumnado.
Todas as actividades que estamos a facer de recoñecemento de palabras, de composición, de sopas de letras, palabras cruzadas están a preparalos para a lectura e escritura.
O recoñecemento de grafías e anterior a escritura e o recoñecemento de palabras e anterior a lectura. Non usedes silabarios , nin métodos que non se axeiten ao traballado na aula. Preguntade se tedes dúbidas que para eso estamos. Ainda nos queda un ano xuntos no que os vosos pequechos vos sorprenderán cos seus aprendizaxes.
Este proceso vese moi ben na aula cando temos unha palabra e tentamos averiguar que é.
Estos días permitiu a algunhas familias descubrir que os seus fillos estaban neste proceso.
Non forzar a máquina a lectura, aparece sen empurrar, xogando, creando curiosidade e entón un día din: SEI LER. Sempre me sae un sorriso cando o descubren, pois eu xa os vexo de moito antes.
O PROCESO NORMAL DURA ATÁ OS SETE ANOS, DEIXADE QUE SIGA O SEU CURSO.
Todos aprendemos a ler e non por facelo máis pronto nos convertimos en grandes lectores que é o que queremos conseguir do noso alumnado.
Todas as actividades que estamos a facer de recoñecemento de palabras, de composición, de sopas de letras, palabras cruzadas están a preparalos para a lectura e escritura.







Comentarios
Publicar un comentario