Ángel xogando cos bloques lóxicos

Cando empezou o confinamento a profe Sheila máis eu pensamos que materiais estructurados de maetmáticas serían axeitados e poderiamos facer na casa. Entre outros decidimos que os Bloques lóxicos de Dienes serían a mellor opción. Propuxemos facelos en papel ( a profe Xeila como non os tiña na casa e non había nada aberto elaborounos), máis parece que a opción de mercalos logo de contarvos que tiñan utilidade ata na primaria foi a opción escollida por algunhas familias.
Empezamos con manipulación, creación de figuras máis complexas a partir das formas xeométicas básicas. Clasificación. criterios de agrupamento... topografíae agora unha voltiña máis  de rosca: buscar que pasou para que unha forma xeométrica se convertise noutra.



 Alba e Ángel amosan como facer  esta actividade.





Comentarios

Publicacións populares