Un paso adiante coS bloques lóxicos

Na aula xa estabamos a xogar cos bloques lóxicos e os atributos, tanto positivos como negativos.



 
Como podedes ver neste video con Daniella xa eran quen de usalos en gran grupo axudandose cando tiñan dificultades. Nesta actividade Daniella atendeu a dous dos atributos e a un non. Fixadevos a dificultade coa que xa estabamos a traballar. Logo fixo ben, pero non atopo video.

Os que o mercachedes ou fabricachedes podedes facer moitas actividades.


Este material é moi versatil como vos amosei no outro post. Agora que fumos familiarizandonos con eles imos seguir con actividades. Unha das propostas da aula vitual foi imprimir unha imaxe que nos permitia xogar cos atributos dunha sola peza. Greta enviou un par de videos  onde lle dou uso  e por certo moi ben.


Comentarios

Publicacións populares