actividades para os peques

Nestes días de confinamiento tratarei de darvos ideas de actividades para facer como se tivesemos un tempo de aula.
teremos unhas rutinas diarias:
 Levantarnos e asearnos como se foramos a escola, establecer un horario  de rutinas, non estar en pixama todo o día. Roupa comoda pero vestidos.
Almorzaremos e lavaremos as mans seguindo as indicacións dadas no folleto enviado ou como  no video  que é máis divertido. Poden aprender a canción


AGORA VOU POÑER UNHA TABOA DO QUE HAI QUE FACER CADA DÍA : PODEDES VARIAR AS ACTIVIDADES, SOLO É UN EXEMPLO DE COMO PODE SER UNHA XORNADA. O HORARIO PODE SER DE MAÑÁN E TARDE OU COMO POIDADES.  NON É OBRIGATORIO.

Perdoade as faltas , pero o facelo ás presas e atendendo a outras cousas é o que ten.
Precisaremos un calendario onde tachar  repasar , colorear ou tachar os días que pasan. Vale un que teñades na casa ou podedes imprimir un  ou se non tendes debuxalo nun folio. Se ides a un super collede material como folios, pegamento ou pinturas se non tendes na casa, non nos dou tempo a facer un pequeno estucho para cada neno.



Os nenos xa coñecen de que cor é cada día: a orde é a seguinte lila, vermello, amarelo , laranxo, verde, azul e branco.
Fichas de letras e números

Podedes buscar na web fichas de grafías en maisculas ou de números e imprimilas se tendes con que.
Poño un  exemplo de unha ficha feita  por min e que podedes facer na casa. Uso a font Escolar 4 que podedes atopar en internet e descargar gratuitamente e instalala.



Repasarán a grafía e logo poden escribila libremente . Tamén  pensaran palabras ou nomes que teñan eses sons e  axudámolles  a escribilas. Poden recortar obxectos que a leven ou debuxalos.
Exemplos  de fichas que atoparedes na rede








Comentarios

Publicacións populares