O día do amor

Ainda que non estiven cos nenos estes dias a profe Silvia ( encargada de impartir música e psicomotricidade nunha sesión semanal) e a teacher Bea encargaronse de traballar ese concepto tan abstracto con eles. Tiveron sesión de contacontos onde se traballou a emoción co libro  da editorial cubilete Asi es mi corazón. 



Logo fixeron unha actividade plástica onde ensartaron bolas e un corazón para facer un colar.
O importante de traballar esta emocion é facer que desapareza o concepto de amar como de sumisión e de dependencia do ser ao que queremos, para que apareza como un valor que nos permite interactuar cos demais levando unha vida pacifica, plena e con alegría.  Gracias Profe Silvia e teacher Bea por está actividade.






 Unha recomendacion para as familias é a consolidación deste valor desde un eido menos romántico e máis humano.
Recomendo un libro :ENAMORADOS da editorial Kokinos ,é dunha das ilustradoras máis relevantes nesta ultima decada, Rebecca Dautremer. Podedes ver como Salome e os seus amigos intentan entender o que é estar namorado, e teñen que facerlle entender a un compañeiro o que non é nunca o  namoro.







Comentarios

Publicacións populares