As instalacións en psicomotricidade.
Temos a sorte de que teacher Bea este formada nas últimas tendencias en educación motriz dos nenos.
Xa fai uns anos que diferentes estudos fan fincapé da necesidade do movemento libre e espontaneo no xogo para desenrolar os coñecementos. As instalacions son espazos basados nunha modalidade da arte contemporanea onde o alumnado pode expresarse nun ambiente de liberdade e construir os seus propios coñecementos mediante o xogo e a interacción co que lles rodea.
O xogo libre e o que todos os nenos deberían desfrutar desde bebés, pero nos tempos que corren limitamolle o espazo,o tempo e a creatividade dandolle xogos totalmente estructurados, ainda que moitas veces amosan que é máis divertido xogar cun pau ou unha caixa que co xoguete máis caro e novedoso do mercado.
Partindo desa premisa e de que a función da escola e crear espazos onde aprender, a teacher planifica sesións no ximnasio onde prepara os materiais , o tempo , propón uns obxectivos e crea un espazo como mediador de aprendizaxe e descubrimento. Xunto con Paxtón observan e interveñen na xusta medida para permitir a liberdade de movemento e actuación e interactuar cando surxan conflictos e axudar aos nenos a que os resolvan cada vez con menos axudas dos maiores.
E moi difícil explicalo en poucas palabras, pero a evolución desde setembro atá agora foi impresionante. Pasamos de destrucción, explosion, liberación de enerxía a un aproveitamento da sesión para eso mesmo máis sumando agora o tempo de creación a nivel individual e grupal con momentos de calma , creatividade e control de impulsos e espazo tan necesario para a vida.
Poño o exemplo dunha sesión. Parten dunha instalación onde os materiais son obxectos cos que traballaron en diferentes sesións de psicomotricidade e coa premisa de que son monos. Fora programada como un día na xungla dun mono, con recanto de escalada, lugar para disfrazarse e desplazamento, cunha explosión con rotura das portas da xungla, pero Paxtón, que está “ in love” coas instalacións transformou a sesión nunha . Non esquezades que as sesións son impartidas en inglés.

Podedes observar que a función dos mestres é acompañar ao alumnado sen dirixir na medida do posible. Veredes que os nenos xogan movendose polo espazo e actuando co material como usualmente o fan. Xa aparece ao final do video a necesidade de transformar preguntando se poden facelo. E observamos a transformación.
Atá chegar a unha creación diferente pero cun sentido artístico e simbólico . Todo elo a través do movemento e a liberdade . Parabéns a teacher Bea.
Comentarios
Publicar un comentario