As bonecas rusas
Polo Nadal de agasallo chegaron a casa da profe Dolo unhas bonecas que viñeron de Rusia. Na aula xa estiveron na mesa das estacións unhas matrioskas de pingüíns e unha de fadas, tiñan 5 elementos e axudaronos a adquirir o concepto matemático de ordenacion.
As matrioskas ou matriushkas( non dou co término correcto) apareceron no s. XIX en Rusia da man de Sergei Maulitín basandose en bonecos xaponeses, ainda que xa había neste país os ovos Fabergé que tiñan obxectos dentro. O conto de Sergei o carpinteiro gustoulles moito, decidelle aos nenos que o conten na casa.
A boneca coa que xogamos estes días consta de sete elementos é non tivemos dificultades en ordenalas. Complicouse a proposta cando tivemos que ordear todas as bonecas rusas que tiñamos, tendo que acudir a instrumentos de medida cando tiñamos dúbidas.

Levamos a proposta ao papel decorando unha matrioska, debuxando unha máis pequena que as anteriores e coloreando e recortando con tesoiras catro bonecas e pegandoas correctamente.
E como non unha canción para aprender.
Comentarios
Publicar un comentario