Achegase o día da Paz
Para os nosos nenos que sempre viviron lonxe dun conflicto bélico o concepto de Paz é moi abstracto. As armas para eles son xoguetes e a violencia debería ser algo inexistente nas súas vidas. Máis o deber da escola e amosarlle que non todo o mundo vive nun entorno privilexiado como o noso e que mantelo así é o esforzo de moitos.
Os contos permiten achegarlles valores como a cooperación, a amizade, o compartir, a empatia....básicos para que sexan futuros cidadáns criticos, libres e pacíficos.
Un dos contos que máis lles gustou foi A mellor sopa do mundo da editorial OQO e logo de escoitar, visualizar, cantar e memorizar fixemos un debuxo da mellor sopa. Aquí deixo fotos e enlaces ao conto e a cancion.
E se seguides este enlace veredes unha animación do conto en stop motion.
Comentarios
Publicar un comentario