O Samaín


Para poder explicar aos cativos de onde ven a celebración do Samaín temos no cole unha maqueta dun castro feita e donada por unha familia fai quince anos. É preciosa, semella un castro de ribeira con todos os detalles que podería ter: as casas, os valos, o cuncheiro, a mamoa, os talleres....
Os nenos e nenas poden tocar e percibir as diferencias cun pobo actual. 
 Explícolle a necesidade de defensa e o uso de caveiras para asustar aos enimigos e a substución por calacús posteriormente na celebraciones do Samahin ou Aninovo celta. 
Algún dos alumnos xa visitara o castro de Santa Tegra. Recomendo que cando poidades vos acheguedes a un dos castros que temos en Galicia para ver como vivían os castrexos. A min gustame o de Baroña pola súa localización e conservación, pero o de Santa Tegra é máis espectacular.







Comentarios

Publicacións populares