chega a fada do outono

Na mesa das estacións e o tempo apareceu unha fada que con ela trouxo  un atado, un pequeno feixe de herbas secas, que non sabiamos o que eran. Logo de preguntar aos maiores seguiamos igual. Ninguén vira algo como eso. Greta decía que era algo para a fariña, pero non lograbamos poñerlle nome. Camino, unha compañeira da clase de cinco acordou e veunos a decir o nome: TRIGO.


Cando soupemos a palabra xa pudemos ir ao buscador de internet e vimos o conto da galiña roxa e o proceso de plantación, recollida, cribado, moenda e o producto final: a fariña de trigo para facer o pan. Por certo descubrimos que tiña gluten e  non era apta para todos.
 Seguro que esta fada nos sorprende con máis cousas neste outono. Darlle as gracias a Gardenia da tenda  de artesanía Gargola por facela tan chula.

Comentarios

Publicacións populares