Preparamos o día da paz
Mañán celebraremos na escola a conmemoración do día da paz e non violencia. Nesta data tentaremos recordar a necesidade dunha educación na tolerancia, o respecto aos demais e a non violencia.
Hoxe fixemos o traballo individual para mañán unilo ao de todos os compañeiros do colexio e formar un mural en común. Pintamos as mans de branco e estampámolas nunha cartolina da cor da aula. A cor branca representa a inocencia, o comezo do novo, a paz e a verdade.

Comentarios
Publicar un comentario