Herve Tullet na nosa aula
Neste trimestre imos traballar como eixo principal co ilustrador e autor de albumes ilustrados Herve Tullet. Permitiranos achegarnos ao mundo do arte non como un fin en si mesmo, si non como un medio para crear e adquirir novos coñecementos. As cores, os ritmos, as series, as cantidades, os conceptos espacio temporais terán un lugar neste proxecto, pero sobre todo a imaxinación, as emocións e a creatividade serán o eixo sobre o que xiraremos nun tempo.
De certo que chegaremos a casa con manchas que teredes que frotar, pero cada unha será un momento de diversión na aula.
Comentarios
Publicar un comentario