Ordenación

Ordenar nas matemáticas é algo máis que poñer cada cousa no seu lugar. Necesitamos ter conceptos como: máis grande que, máis pequeno que, máis curto, máis baixo .... Parece fácil pero con tres anos eso non está adquirido. Ainda que ás veces parece que si.
No traballo diario da aula hai momentos para reflexionar e aprender estos conceptos. Aquí van dous exemplos:

Ordenamos troncos de madeira do mesmo diámetro pero diferente altura. Levou un bo intre dar coa solución

Hoxe houbo unha nova proposta: matrioskas de pingüíns que quedarán na mesa do inverno.
Difícil de ordenar, pero moi divertido ver como se recollen unha dentro de outra









Comentarios

Publicacións populares