o magosto
Quedoume atrás este post: a celebración do Magosto na escola da Pastora. A pandemía non nos permite xuntarnos co alumnado de outras aulas e botamos en falta xogar con eles ou coñecer aos peques do colexio. No magosto como todos os anos as profes fixeron unha fogueira coa leña que aportaron as familias e asaron unhas castañas. Pudemos achegarnos ao lume e sentir a calor nas mans e a cara e como o sol tamén quentaba disfrutamos das castañas no patio, respectando as distancias cos outros grupos pero vendonos por fin nunha actividade común. Algunha profe emborrallounos a cara de negro, que ven o pasamos e que ricas estaban as castañas.