os silenciadores
Hoxe foron para as mesas de traballo " os silenciadores", por fin unha actividade en silencio. Logo de explicarlle moitas veces que falar preto uns de outros sen máscara ou con ela mal posta era un risco para a nosa saude e non conseguir que calasen( eles din que son a clase máis ruidosa do cole)👀, decidinme a facer as criaturas silenciosas.
Están baseadas nas quiet critters de orixe anglosaxón, que consisten nuns pompóns decorados con ollos e outros atrezos , máis sen boca. Son criaturas co oido delicado que non soportan o ruído, polo que cando están na mesa cos nenos teñen que permanecer caladiños. Se falan retiranse da mesa e voltan a bolsa onde as gardamos. Iso si, se permañecen na mesa ata o final da actividade individual o équipo consigue unha recompensa: estrear un xogo, un conto novo e moi chulo para o seu caixón....
A actividade era crear a súa propia máscara e daba gusto velos traballar sen ruidos e concentrados.
Comentarios
Publicar un comentario