un samaín raro

 Neste curso tocounos celebrar as tradicións de outra forma. A importancia de seguir conservando as celebracións tradicionais cos nosos nenos para que non queden esquecidas ou perdidas é algo ao que se lle da moita importancia no curriculo. Sirven para reunirnos e socializar, algo que nestes días é difícil.

Desde o Claustro decidimos que se celebraría o Samain ( festa dos defuntos) nas aulas burbulla e que os disfraces do Halloween non desapareceran. Durante esta semana estivemos visionando a pelicula COCO, na que se trata o tema da morte

 Apareceron arañas xigantes que mandou a bruxa Pampurrias e que se falabamos cobraban vida movendose  e balanceandose. a variña  máxica que mandou Pampurrias mandamola para a aula vermella que nas mans da profe é un perigro que non sabe ben os conxuros e igual acabamos cunha araña xigante na cabeza.




 O venres en troques de pedir as familias que trouxerades os calacús, baleiramos un na aula. con momentos de medo, pois a profe Dolo toleaba de repente e quería comer aos cativos co coitelo e unha culler. Risas e sustos foron  alternandose durante toda a mañán.




 




Non faltaron as chuches, eso si libres de gluten e azucar disfrazadas de extraterrestres. Que difícil anudar, temos que practicar moito máis o cosido e os nudos.





Comentarios

Publicacións populares