piñas e piñóns
Hoxe a proposta foi averiguar que pasa se poñemos unha piña aberta en auga. Por equipos estableceron hipóteses que transquibiron nun folio.
Gracias a Vanesa a nai de Valeria tiñamos uns piñóns que recolleran no monte e averiguamos que eran e de onde saían. Descascamos cos paus batendo forte, pero acabamos co martelo do cole manexado pola profe para poder comer algún.
O día seguinte comprobamos que pasara, comprobamos as hipóteses dos grupos e ainda que algo do escrito pasara, tivemos que ver que o importante era que a piña se pechara. A explicación está en que en condición de moita humidade as sementes non teñen as condicións axeitadas para desenrolarse.
Os piñóns medran no interior das piñas e as escamas teñen a función de protexelas. Mentras medran as escamas da piña están pechadas varios anos ata a maduración dos piñóns que nun día seco a piña brirá para liberalos e permitir que se esparzan co vento.
Comentarios
Publicar un comentario