primeiros contactos na aula

 As normas na aula cambiaron: entramos co cubrebocas ( garda bicos chamolle eu), usamos hidroxel, lavamos as mans a cotío, non podemos cambiar de grupo de traballo e os contactos físicos deben desaparecer. dentro da aula cando estamos sentados o uso da máscara non é obrigatoria, polo que se queren gardana na bolsiña colgada detrás da cadeira. os panos están no medio da mesa e logo de usalos van ao lixo  nunha papeleira con tapa e pedal.



 Deberiamos baixar o ton de voz, pois os aerosolos emitidos chegan máis lonxe se berramos, pero esto vai para largo. As emocións de vernos outra vez fan que non controlemos os berros e o falar moito.
Nestes primeiro días adicamonos a repasar conceptos dados e  a facer unha avaliación inicial para saber que aprendemos nestes seis meses ou que se nos esqueceu.
Os primeiros debuxos, os primeiros contactos co material educativo e o aprendizaxe e asentamento das normas novas levaronon todo setembro.















Comentarios

Publicacións populares