herbas aromáticas

 O recendo das herbas encheu a aula a pesar de que a máscara impide cheirar plenamente. Nunha bolsa a profe Dolo trouxo catro tipos de herbas que tiña no seu xardín: unhas ulían máis agradables que outras.  Como non podemos andar a pasar de man en man, cada equipo tivo as súas.

Lavanda, herba Luisa, incenso e salvia. Cheiramolas  e logo nun mortero cada equipo machucounas para obter xugo e logo misturalo con auga ou solución alcohólica. os resultados foron moi diferentes segundo a herba e si usabamos auga ou alcohol. pero gozamos da actividade percibindo diferentes recendos que eran máis ou menos do noso gusto. Fixemos un debuxo da actividade e escribimos o nome das herbas que usamos. Esperemos que veña un pouco de sol para poder recoller as herbas e traballar máis o sentido do olfacto.


























Comentarios

Publicacións populares