recollida do que sementamos nesta primavera

 Que primavera máis longa e rara tivemos.  O 13 de marzo foi o último día que poidemos ir ao colexio, Ainda que xa nos despedimos o 12, pois o covid 19 entraba nas nosas vidas e non nos permitíu  sair a rúa en moitos días sobre todo aos pequechos. A escola pasou a ser un ordenador, tableta ou teléfono pousado na cociña, na sala, no comedor... e  a mestra alguén da familia que os guiaba nas actividades.
Algúns dos picaros tiveron a oportunidade de vivir na aldea ou en casas que tiñan horta e alí sementaron plantas das que hoxe recollen os froitos.

 Isto é unha metáfora do que eu estou a facer estes días: recoller o sementado na rede que con axuda das familias dou froito. Relacións máis próximas coas familias ainda que fose por teléfono, descubrimento  das grandes dificultades que tiveron moitas familias para poder conciliar a vida familiar e as actividades propostas, descoñecemento da nova modalidade de ensinanza, imposibilidade de atender aos os fillos da mesma forma...pufff. 
Ainda que non seguirades a aula virtual e as actividades propostas, sei que todos fixéchedes o que estaba nas vosas mans para que os vosos nenos e nenas estiveran aprendendo. Con caderniños, fichas que sacabades da web, ideas que se vos iban ocurrindo, propostas para todo o grupo... 
De todo isto aprendemos e sacamos froito e quero deixar unhas fotos que nos enviou Sara da recollida das cebolas que prantou no mes de abril e que ainda son novas. Hai que lavalas, estonalas e así podense usar para comer ou para vender.


 Se as deixamos na terra medraran e secaran e usarémolas todo o inverno para comer e para sacar semente delas. Pois co que sementamos nas nosas mentes esta primavera pasa o mesmo: podemos aproveitar agora en fresco  e tamén para o vindeiro ano logo de asentados os coñecementos a semente que naceu nesta primavera.
Moitos xardíns, leiras e hortas nas vosas casas gardan o alimento para o futuro. Aproveitade todo o que sementamos: relacións, actividades, contidos, emocións, sentimentos...vainos facer falta.



PARA TODOS E TODAS 


Comentarios

Publicacións populares