experiencias da aula virtual
Outra das actividades que se fixo nestes tres meses foron os experimentos ou experiencias sensoriais. Sei que estas custa máis facelas porque implican tempo máis aseguro que son das que podemos sacar maior rendemento. Teñen que organizarse e valorar o seu resulatso: requiren paciencia e de cotío son sorprendentes.
Valeria P. Fixo coa súa familia a da capilaridade e mistura de cores. e unha actividade que pode non sair ben se non poñemos a cantidade de auga suficiente para que pase aos outros vasos se a mecha de papel é moi gorda. o resultado se sae ben é espectacular. Ás veces hai que repetilo.
Greta fixo o do microscopio de vaso, é unha das últimas actividades que recomendo que fagades por que obliga a prestar moita a tención e a coordinar ollo man. as propostas eren de diversión ( observar Virus), de memoria ( buscar parellas) e de razoamento ( onde está o intruso) desta última é da que nos mandou video Miriam que xa é unha experta en edición.
Outra das actividades propostas que non tiveron exito foi o hiolorama. É unha actividade que recomendo facer cando teñades tempo, de ela podedes chegar a facer un ponpón. Precisa ser quen de tensionar o fío , controlar a forza e concentrarse un bo rato nunha actividade.
Unha experiencia na que xa participachedes máis familias foi na neve artificial .
Podes mellorar tinguindo a neve de diferentes cores e facendo montañas as que añadiremos pingas de vinagre creando paisaxes de cores efervescentes.
E a plastilina de cores que propuxo Julia e que fixo tamén Juan Luís coa súa irmá. Por certo agradecer a Teresa,a súa mamá, o dossier de actividades sensoriais da que pudemos quitar ideas.
o arco iris de cores que fixeron Alex e Martín.
Comentarios
Publicar un comentario