experiencias cos avos

Nestes meses os avos foron os que acompañaron moitas veces aos nosos pequechos e achegaronos a actividades que na escola non son posibles pero que foron unha fonte importante de aprendizaxe.

Sara axudou a pañar as patacas que  xa estivera a prantar cos avos: dun anaco de pataca veu como se conseguía unha morea que logo serviran para comer todo  o ano. Tamén o fixeron con ceboliño e de seguro que pronto van recoller cebolas.






Martín estivo moitos días na dos seus avos e axudou en moitas cousas, traballou como xornaleiro, coidou dos seus pitiños (15) e competiu co robot cortacéspede no seu coche. Tamén fixo deberes co avo, pero parece que a forma de facelos era máis divertida que con seus pais.




 Isto era unha actividade con bloques lóxicos que se convertíu  nun circiuto de lanzamento de coches


Daniella fixo pasatempos coa avoa pois empezoulle a tomar o gusto as sopas de letras e as palabras cruzadas.


 E cantas actividades que non quedan aquí que por sair as imaxes dos avos non poño.
Gracias avos e avoas por estar aí, ainda que moitos fora na distancia.




Comentarios

Publicacións populares