do 1 ó 10 coas regretas

Neste curso a achega ao número e a súa grafía foi un dos eixos nos que baseamos a nosa aprendizaxe. Apreceron na medida, no peso, no tallaxe,no calendario. Compuxemos e descompuxemos números  e xogmos moito con eles. Do 1 ó 10 foi a nosa meta pero moitos foron máis alá por iso a taboa do cen estaba presente na aula en tamaño xigante, e sempre visible a linea numérica atá o 10 con todos os grafismos que sabemos: número, dados, dedos e os policubos.
Os policubos xunto coas regretas é o material estructurado que máis usamos na aula para o contaxe  e o aprendizaxe do número xunto cos materiais  non estructurados.
Durante este confinamento  preparamos desde a aula virtual actividades que iban relacionadas con número e outras para traballar a grafía.

As regretas: cantas unidades teñen en cada cor e a que número  corresponde cada unha.




Hugo e Greta fixeron como Ángel  descubrir a que número correspondía cada cor e tamaño de regreta.

Cando as regretas nos permiten contar e divertirnos.



Buscando a regreta desaparecida


 Os valos dos números tamén se fixeron  e ainda que xa foron noutro post , anímovos a seguir facendos. A manipulación deste material permite mellorar o cálculo mental.
Cara ao vindeiro curso será un dos materíais máis usados para as primeiras operacións.







Comentarios

Publicacións populares