actividades de topografía con materiales matemáticos estructurados



A topografía como a coñecemos é  unha rama da ciencia que estuda o proceso de trasladar as características da superficie da Terra e trasladala a un gráfico representado en papel.
O que facemos cando traballamos conceptos topografícos cos nenos e trasladar nocións espaciais: diante, detrás sobre, a un lado... dun plano a tres dimensións ou de tres dimensións a un plano. eso faciamolo na aula con casiñas feitas con bloques de madeira e plantillas. Agora tamén o estamos a facer con materiais matemáticos que algúns mercachedes neste confinamento. Os bloques lóxicos e as regretas.
Coas regretas foi máis un modelo de imitación ou de simetría( bilateral como a do corpo humano que se pasamos un eixo pola metade o outro lado e simétrico lateral)




Fixadevos nesta imaxen na que observamos que non se conseguíu a simetría. Fíxose unha copia do modelo. Algunhas familias contaron a dificultade  de conseguir a simetría. Para iso a recomendación foi dobrar a folla polo eixo  e ver a imaxén reflexada no espello. mirade un exemplo de actividade de simetría  bilateral con espello.
A solución correcta é esta , pero non é fácil de conseguir a primeira.


  Cos bloques lóxicos propuxemos unha actividade de imitación dunha imaxe na que tiñan que fixarse na situación das pezas  de unhas con respecto as outras. tampouco é fácil a actividade, pero si moi interesante.








Comentarios

Publicacións populares