unha caixa de cartón
Valeria S. buscou refuxo nunha caixa de cartón como fan os meus gatos. Encántalles meterse dentro e eu penso que é o seu xoguete favorito. Valería pintou dentro da caixa , pasou un bo cacho recollidiña. Ó final a producción foi recortada para gardar un recordo.
Hai varios contos que traballan e defenden o uso de material non estructurado para o desenvolvemento da creatividade e a imaxinación. Iso é o verdadeiro xogo simbólico, un obxecto calquera convírtese nun xoguete : un pau de escoba é un cabalo, unha lanza.....unhas follas sonn cacharros de cociña e a cociña é unha caixa de madeira ou cartón. Observade aos pequechos cando xogan libremente nunha plaia ou no monte.
Queda un conto: NON É UNHA CAIXA . Editorial Kalandraka para deixar voar a imaxinación.
Comentarios
Publicar un comentario