as saídas como fonte de aprendizaxe

Agora que nos permiten sair sólo unhas horas ao día parece que queremos facer render o tempo que temos  e intentamos observar o que nos rodea, sobre todo se imos ao monte ou o mar. Os pequechos atopan bechos, preguntan sobre todo, sorprendense cos cantos dos paxaros, escriben na area, recollen tesouros.
Para preguntas sobre árbores e plantas hai apps que podemos subir ao móbil e ao sacarlle unha foto danos o nome da planta: ás veces é dificil atinar, pero case sempre podemos dar un nome aos nenos. eu uso PLANTSNAP-IDENTIFICADOR DE PLANTAS E FLORES.
Varias familias mandaron fotos e videos das saidas e do aproveitamento que fixeron delas
Daniella saíu e logo como Adriana fixo colares de pampullos.  Adriana visitou a plaia e Diego foi a Pastora. Observade as árbores e intentade poñerlle nome. A próxima vez que salgades fixarédevos mellor no que vos rodea.






 UNHA SAÍDA PODE TER USOS POSTERIORES COS MATERIAIS RECOLLIDOS.





 SERÍADES QUEN DE RECOÑECER QUE ÁRBORE É E ONDE ESTÁ?





E ESTAS ÁRBORES?

Comentarios

Publicacións populares