as experiencias na casa

Na aula virtual indicáronsevos varias propostas diferentes de tipo sensorial e de descubrimento. Algunhas fixeronas familias e enviaron videos ou fotos.
 O experimento de difusión de cores con caramelos e auga quente fixerono Alex e Martín e quedoulle moi chulo.



A experiencia da solubilidade fixoa Diego L. e pasouno moi ben. Probou un día con  auga fría e dous solutos diferentes e noutro día auga fría e quente e diferentes solutos. Descubríu que hai materiais que desaparecen na auga, outros que se disolven e outros que non se mesturan. Probade que podedes levar moitas sorpresas





Outra das experiencias é a neve artificial  que fixo Greta e  a súa nai,  parece que a receta non é  perfecta pero con un pouco de cariño todo se consigue. Sirveu para pasar un  bo rato e facer un minimundo. Taménse anotaron os nenos da teacher Bea que crearon o Polo Norte.







Comentarios

Publicacións populares