actividades de Daniella no exterior que favorecen a motricidade fina

Sei que son pesada co desenrolo da motricidade fina, pero asegúrovos que é importantísimo no desenvolvemento da madurez da man e do agarre. 
Un exemplo de actividades  que a favorecen  e estades a mandar: 
Daniella foi pañar chicharos, debullounos e logo saboreounos que están moi ricos cando son fresquiños. Con esta actividade controlou a forza ao arrincalos sen danar a planta, traballou o movemento de todos os dedos ao debullalos  e coordinou o ollo coa man. As fichas non son sempre a mellor opción, toda actividade manipulativa e controlada permite o desenrolo neuronal.


  


Comentarios

Publicacións populares