sorpresa para Martín
No buzón do pan da casa de Martín chegou un agasallo marabilloso. A min o panadeiro deixame pan, pero na de Martín unha tía deixou unha sorpresa.
UN LIBRO DE ACTIVIDADES DE FIELTRO MONTESSORI
Ten moitos nomes: libro tranquilo, libro sensorial , libro silandeiro, libro de tea, libro suave....o áis usado internacionalmente é QUIET BOOK. A idea e unha serie de páxinas de tea nas que hai actividade manipulativas e multisensoriais para os pequechos.
No libro de Martín hai unha actividade que é coñecer o corpo humano por dentro.
Outra actividade é o xogo de tres en raia ou PAI, NAI FILLO
Este xogo podemos facelo na casa con moitos materiais diferentes. xa noutro post falamos do catro en raia e do cinco en raia co que xogamos na aula.
Outras das páxinas traballan o reloxo, os números, as operacións matemáticas....
Parabéns a autora do libro. todo feito a man e seguro que cunha morea de tempo adicado. Un agasallo para usar moito tempo e de moito valor.
Comentarios
Publicar un comentario