Pablo está a xogar coa súa irmá
Nas casas nestes momentos toca compartir tempo e espazo coa familia. Ter un irmán ou unha irmá sempre foi un elemento de ensinanza aprendizaxe: a imitacion, o afán de superación, a competividade, a colaboración, o compartir.....todo eso vai deixando pegadas na nosa personalidade e a xestión que fagamos das emocións que crean estas vivencias fan que medremos como persoas.
Aproveitemos todo o bo que nos trae esta experiencia, non vexamos solo o negativo. Artellar momentos de compartir e momentos de autonomía, non demos pasos atrás que nas aulas custou moito ser quen de facelo por un mesmo.
Mirade que arco da vella tan chulo nos fixo e ollemos desde unha fiestra no espazo tempo un momento de xogo de dous irmáns.



Comentarios
Publicar un comentario