Os bloques lóxicos e o uso que lle damos na aula. Greta xa o fixo na casa
Durante o tempo que estivemos na escola tento no primeiro trimestre como no segundo xa estabamos a traballar cos bloques lóxicos que agora empezamos na aula virtual. E un dos xogos de lóxica máis usados na educación infantil e nos primeiros cursos de primaria, ainda que según o nivel de dificultade que poñamos nos xogos poden xogar maiores. Nun curso de matemáticas manipulativas para mestres os retos tiñan moita dificultade.
Aquí os vemos facendo construccións en plano e algunha en tresD. aquí o traballo era por parellas ou en grupo.

Xa eles solos se decatan que teñen unhas propiedades e empezan a clasificar

De aí xa pasamos a xogos coas tarxectas dos atributos facendo agrupacións seguindo a tarxecta: ao facerse en pequeno grupo é un reto asequible.
Agora temos que traballar na casa este tipo de xogos , por iso na aula virtual colgamos como facelos en cartolina ou recomendamos que vos fixerades con eles nunha librería ou na web.
Greta xa fixo unha das actividades propostas que era clasificar. Sei que lle levou moito tempo porque ao ser ela individualmente a tarefa rende de máis. Mirade a clasificación que fixo, porque poden facerse moitas diferentes.
A seguinte tarefa que vos mando é facer un cadro de dobre entrada para poder xogar con eles. Mellor é que a fagades en cartón ou cartolina e os manitas en madeira.
Aquí deixo un video de you tube onde podedes ver como é un cadro de doble entrada e que utilidades ten. Facedeo solo sen debuxos para usar con máis materiais que teñamos na casa.
Comentarios
Publicar un comentario