nova proposta de Julia: un quebracabezas

Julia enviou fotos dunha nova actividade: un quebracabezas ou puzle. Todos deberían ter xogos de facer quebracabezas, hainos de diferentes formas e materiais. Na aula usámolos case todos os días ( mosaicos, puzles de madeira con formas non estructuradas, puzles tradicionais...)
A opción que nos da Julia e asúa familia e facer un propio e orixinal.
Cun ovo de Pascua impreso ou debuxado nunha folla coloreamos e recortamos. Logo plastificámolo para que dure máis ( con forro adhesivo ou coa máquina de plastificar), se o facemos pegado nun cartón tamén resistirá un tempo.  se o facemos en cartón  temos que axudar os adultos no recortado
.





e aqui vai algunha idea: con depresores ou en cartón se os adultos cortan despois de secar


E se en troques do debuxo poñemos unha foto do neno ou un familiar será máis motivadora.




Comentarios

Publicacións populares