a importancia do movemento nestes días

Estes días de confinamento limitaron o movemento a  moitos nenos e nenas. Algunhas familias dispoñen dun xardín ou horta ou trasladaronse os cativos a casa de familiares onde dispoñen de espazo.
Moitos dos nenos non poden facer actividades cos seus proxenitores, pero aí están os avos e avoas, tíos e tías ou padriños e madriñas.
As familias están a mandar propostas de actividades que implican movemento motriz global ou fino. Desenrolan a atención, toman conciencia  do propio corpo e sobre todo pasan uns momentos divertidos para todos.
 A proposta  de Mónica  a nai de Martín e crear un circuito de pes e mans. Esto xa o fixeron coa teacher Bea e Paxton, máis Mónica púxollo un pouco difícil a Martín. Pero rironse a cachón.




Tamén nos caemos , pero arriba e intentámolo outra vez.


Outra proposta e tratar de meter unha pelota nun capacho cos pés, se digo eu que llo puxo difícil, debe estar a ver algún programa de probas extremas.Eso si, vese feliz.



 Orlanda a nai de Juan Luís propón outra actividade de atención auditiva  e movemento. Usa palabras para indicar a dirección na que ten que moverse Juan. Mandou video.


Adela na casa dos seus avos está a aprender novas destrezas motrices. dar cun martelo nunhas puntas e cravalas nunha madeira. Está actividade desenrola  motricidade fina , o control da forza , a atención visual e destrezas para no futuro ser carpinteira.

 

   Miriam a nai de Greta montou unha bicicleta estática no seu piso. Hai que buscar recursos


Diego e a súa irmá usan o garaxe para facer skate.  Desenrolan o equilibrio e a propiocepción .




Bueno  e por último unha actividade tranquila pero que implica atención e coordinación. Diego  plancha camisetas.




Xa sabedes o movemento trae aprendizaxe, e as cabeciñas non paran .


Comentarios

Publicacións populares