Unha nova magnitude a medir : o tempo
Xa estamos en contacto coas primeiras nocións de medida de magnitudes: a lonxitude e o peso. Agora achegámonos algo menos tanxible e que parece relativo cando o percibimos, pero é unha magnitude absoluta que se mide, e que a sua unidade é o segundo.
Xa temos claro o que é un día , unha semana, un mes, un ano, pero o de “ quedan cinco minutos para rematar” é algo que non está moi claro.
Para eso empezamos cos reloxos, con uns que existen antes dos mecanismos automáticos que temos agora : os reloxos de area.
Xa temos claro o que é un día , unha semana, un mes, un ano, pero o de “ quedan cinco minutos para rematar” é algo que non está moi claro.
Para eso empezamos cos reloxos, con uns que existen antes dos mecanismos automáticos que temos agora : os reloxos de area.
Empezamos ordenando os reloxos que temos, fixádevos que por primeira vez enfrentanse a algo abstracto, non hai máis alto que, nin máis grande que...Solo aparecen números e todos os obxectos teñen a misma forma e medida, so varía a cor e a grafía que ven neles. E comezan as hipóteses...
O tempo pode medirse co metro? Vaia sorpresa me deron intentando usar un dos instrumentos de médida que xa aprendemos a utilizar ainda que a resposta non sexa a correcta. Aparece o método científico: pensamos, establecemos unha hipótese, comprobamos e voltamos a propoñer outra hipótese.
E comezamos a dubidar dos coñecementos que temos e botamos man das nosas experiencias. “ O tempo midese contando” eso é algo moi coñecido para eles, contamos no xogo do escondite, contamos para atrás para empezar unha carreira..
Pero hai un problema cando contamos: o reloxo dourado da 65 e para comprobar a veracidade da hipótese comparámolo co de trinta porque na taboa do cen que temos trinta e menor que sesenta e cinco.Constatamos que vai máis rápido o dourado que o de trinta. Hai que seguir a investigar
Non teño a grabación, pero logo de comparar con todos os reloxos chegaron a conclusión de que estaba entre un e tres polo que tiña que ser dous. SORPRENDENTES.
Bueno agora os reloxos sirven para que os minutos que di a profe que quedan sexan medibles e todos queren ser vixiantes do tempo e que recollan outros😂😂😂
Comentarios
Publicar un comentario