Sesion de psicomotricidade con Paxton

Este pasado xoves a teacher tivo que irse por motivos familiares e eu quedei sustituindoa na hora de Psicomotricidade. Teño que agracederlle a Paxton, o auxiliar de conversa a súa dispoñibilidade para dar a clase, e o seu bo facer. Eu fun a “ helper” e pasei un bo rato cos peques.
Xogos sinxelos e divertidos e logo un circuito.


Durante estes días de confinamento na casa, procurade que fagan exercicio, que se movan. Poden ir a habitación a buscar algo gateando ou reptando. Poden vir saltando, andando cara atrás.
Todos podemos participar no xogo, dar consignas para que nos movamos todos dun xeito diferente cando saquemos unha tarxecta, cando soe algo, cando alguén estornude😜. En fin xogo en movemento, viranos ben a todos.

Proposta para saltar dous minutos, atá eu podo facelo.



Comentarios

Publicacións populares