Semana da prensa

Este ano a conmemoración da semana da prensa coincideu coa da muller traballadora e no noso caso aproveitamos para celebrar o dia de Rosalia. Ainda que quedou sn rematar o traballo explico o que fixemos. Comenzamos coñece do como e un xornal e vimos as novas que nos interesaban. O máis enganchado ao novo formato de lectura foi  Teo que non deixou ningún sen botarlle unha ollada.


 Logo comezamos co noso xornal, facendo unha portada. Por certo notase que somos da era da cor, pois quixeron decorar as letras en branco e negro. Escollemos a portada mais significativa para eles. Un aula baleira por o coronavirus.







No segundo dia vimos como se podia escribir unha nova e as suas partes: titular, corpo da nova, imaxe e pé de foto. A nova escollida pola mestra foi que Rosalia de Castro tiña unha estrela..




 Quedanos crear a nosa propia nova. Propoño que a fagades na casa: un folio onde cunha imaxe, debuxo, manualidade  expliquedes unha nova que vos parece interesante. 
Un reto para un día destes aburridos. 
Se  as enviades ao Messenger: “Dolores Oubiña Millán”eu publicareinas no blog.
Ou pasádemas por wasap, xa dixen que hai nais que teñen o meu tlfno. Aquí non o podo poñer.
Ánimo







Comentarios

Publicacións populares