Martín entrou no cole con catro anos e saíu con cinco.
Parabéns a Martin polo seu aniversario. Non foi a celebracion que esperaba este venres 13 de marzo, pero entre todos quixemos facela moi especial.
Como eramos poucos no cole , xuntamonos os de tres e catro na aula da profe Andrea na primeira parte da mañán e alí partillamos os nosos xogos favoritos das aulas. Os de tres anos sacaron encaixables apilables, e xoias para xogar a clasificar. Nos levamos os xogos de Grimms, xogos de topografia e xeometría.
A coroa fixoa coa profe Sonia que lle deixou escoller a cor e o número con brillos.
Logo do patio tivemos un “fieston” onde convidou a todos e digo a todos os do cole a vir tomar a sua torta con forma de teen, non daba creto, que feliz.
Logo xuntámonos todos os nenos do cole🎉🎉😂 a xogar na aula con xogos de mesa. Aos maiores encantoulle o parchís e as pinturas especiais que tiñamos gardadas no caixon.
Non quitei foto, pero unha anterior vale.
Unha aperta de todos para Martin que non perdeu o sorriso ainda que o tan esperado aniversario non fora o planificado. Tomemos exemplo.
Comentarios
Publicar un comentario