Comezamos con xogos de mesa regrados: o parchís


Xa estamos listos para xogar como os maiores, seguindo unhas regras e aprendendo a gañar e perder.
Para facelo máis divertido usamos  un xogo que debería estar en todas as casas e que ten poucas regras a seguir. E ainda enriba permitenos consolidar coñecementos e adquirir alguns novos. Contamos atá seis, dez ou vinte. Respectanse as  quendas e  as regras.
Vemos grafías de numeros maiores de dez e podemos empezar a aprendelas, na aula temos a taboa do cen e usamola para esas grafías de numeros que están no parchis.
E si o taboeiro é xigante e permitenos o movemento no chan ainda mellor.



 Grazas a profe Sheila que ven a nosa aula duas veces a semana por ensinarnos as normas, ainda que temos algún neno e nena que son verdadeiros expertos.




Comentarios

Publicacións populares