Atentos e tranquilos

Na aula para aprender a relaxarnos usabamos diferentes estratexias: un conto narrado pola profe, música , pero aprendemos a estar atentos e tranquilos como unha ra. Eu teño o libro co disco , pero a eles poñíalle un pequeno video que atopei na web.
Moi importante eles xa saben facelo, pero si os acompañades no exercicio será moi educativo para todos.
Precisamos un lugar onde sentarnos cómodos coa espalda dereita, para os peques vale o chan ou un sofa. Logo seguir as instruccións que nos dan. Non teñen que mirar a pantalla, solo escoitar e dentro do razoable parase un rato. Ao rematar estirarse e boquexar é moi importante. 
A por uns minutos de relax total, se vos piden oscuridade permitidello.




Xa ma contaredes

Comentarios

Publicacións populares