Area cinética no recanto sensorial

Na mesa de trasvase ou recanto sensorial imos cambiando



as experiencia e os materiais. Sempre presentamos a proposta en gran grupo para logo levalo a práctica en pequeno grupo ou individualmente.
Empezamos coa area cinética  ou máxica que ten como propiedade parecer humida pero non manchar. Se a presionamos voltase dura e logo volve ao seu estado anterior cando a manipulamos. Con ela melloramos a nosa motricidade fina, pois temos que medir a presión que exercemos sobre ela cando a usamos para construir figuras, favorece a relaxacion e é un gran estímulo sensorial.

Comentarios

Publicacións populares