actividades para martes 17 de marzo

Comezamos un novo día e novas propostas para facer  na casa. Seguindo o guión que puxen onte , imos variar algunha actividade.
Imos colorear, a idea é que cando coloreen se relaxen e aprendan algún concepto.
Como exemplos: pintamos o primeiro obxecto da fila e o último, ou pintamos un si e un non, coloreamos empezando desde o centro se é un mandala, coloreamos solo os círculos, pintamos segundo un codigo ( o 1 de amarelo, o 2 de verde...)coloremaos segundo un modelo (atención).
Na web podedes atopar un monton de fichas, Orientación andujar é unha páxina con milleiros de propostas.
Aqui vai algún exemplo: para este debuxo poderíamos  ter diferentes accións

  1. colorear o primeiro e o último
  2. colorear os que levan gafas
  3. colorear as camisetas seguindo este orden: amarelo, verde, azul , vermello
  4. Comezar a pintar desde a cabeza e rematar nos pes, ou o contrario.



Outro exemplo:

  1. colorea o bote que ten máis lapis
  2. colorea o bote que ten menos lápis 
  3. coloreano bote que hai máis lapis cada un dunha cor diferente
  4. conta cantos lapis hai en cada bote e escribe o número no bote. Logo colorea.
  5. colle dous vasos na casa e coloca tantos lapis como ten cada bote.
As posibilidades son moitas con cada debuxo, o importante e que coloreeen con unha razón.


Agora imos con exemplos para relaxarse

As mandalas: o obxectivo a conseguir é que se relaxen pintando. Non deben ter a tv presa, solo música relaxante e as instrucións son colorear de dentro hacia afora. se buscades na web mandalas para nenos hai unha morea , que cada neno escolla a súa. se non tendes impresora podedes crear a vosa. debuxades círculos concentricos de maior a menor. facedes diagonales no círculo como se forades a repartir unha pizza . debuxades en cada recadro un círculo e xa temos un mandala.
Con un programa de debuxo como Paint  fixen un amago do que fariades vos se non tedes impresora
Como vedes podese facer algo con platos de diferentes diametros e así os nenos tamén disfrutarían facendo a súa propia. e decorandoa libremente. Esta non está rematada
na web encontraredes parecidas a esta.


Hai algunhas fichas na web  que o mellor lle gustan máis a algún neno porque non teñen moito que colorear e son máis asequibles. tamén as podedes facer vos con formas xeométricas que teñan na casa e repasalas cos vosos nenos e logo que pinten de cada color unha foram



Comentarios

Publicacións populares