actividades de atención

Imos con outro tipo de actividades sen ser as  que puxen como exemplo. Hoxe toca atención e busqueda de obxectos nunha fotografía.
Instruccións:

Atopa o obxecto que está entre caldeiro vermello e o caldeiro de metal.
O pano de limpar en que estantería está?
Atopa a sandía e os amorodos. Hai máis froitas e hortalizas?
Busca os obxectos de madeira.
Busca os obxectos vermellos  e contaos.
Cantos ovos collen na oveira?
Cantas tazas atopas? e pratos.

E así todo  o que se vos ocurra. Poden ir anotando no papel cantos hai de cada cousa que lle preguntamos.
Podedes xogar con obxectos que hai na habitación ou na cociña ou que se movan pola casa.
o importante e contar e prestar atención.




Para os que teñen dificultades par contar ou recoñecer a grafía  faredes unha serie numérica ou imprimiredes esta:

para os que contan máis usaredes   a taboa do cen

Comentarios

Publicacións populares