actividades de biblioteca
Cada semana cando imos o colexio chegaba as vosas casas a carpeta de biblioteca cun novo conto. Esta actividade imos facela igual ainda que non estemos na escola.
As opcións son escoller un conto da casa e facer o debuxo ou escoller entre os videos de contos que colgue eu da rede.
A diferencia é o concepto de ler un conto, o acompañamento do adulto na lectura e o pasar as follas do libro para ver e reler a historia.
O que máis me gusta logo de contar un conto é ver como o collen e me imitan, lendo para eles ou para os outros.
así que animadevos se tendes contiños na casa e se non para cando remate o confinamento plentexadevos ir mercando algún de cando en vez e acudir a Biblioteca do centro ou a municipal a buscar títulos novos ou que vos gustasen.
Aquí van tres para escoller como facer o traballo:
CORRE CORRE CABACIÑA
YO VOY CONMIGO
ESTO NO ES UNA SELVA
PINCHADE ENRIBA DO TÍTULO E SAIRÁ O VIDEO
Xa sabedes como erao modelo de ficha pero deixo unha imaxen para que o recordedes ou imprimades.
Comentarios
Publicar un comentario