As mariscadoras. Comezamos un novo proxecto
Dentro da planificación anual temos un gran proxecto que é a preservación e conservación dos mares e oceanos. No primeiro trimestre coñecemos o mundo dos peixes e neste segundo traballaremos oficios relacionados co mar e próximos aos nenos e a súa contorna.
Empezamos con os e as mariscadoras. Os coñecementos previos que tiñan eran nulos pois ningún familiar traballa neso, ou eso creo porque con a lei de privacidade de datos nas enquisas iniciais non se recolle o oficio dos proxenitores, ainda que si mo queredes contar sería de utilidade, sobre todo se estades relacionados dalgún modo co mar.
Empezamos visionando un corto de pixar que amosa un pilro bulebule chamado Piper que ten que aprender a comer por si mesmo. Podemos velos no inverno e o que os caracteriza é a facilidade de esquivar as olas sen ten que voar e a alimentación a base de bivalvos, pulgas de mar...

Comparamos esto cos humanos e apareceu o concepto de pañadoras de ameixas: As mariscadoras.
Visionamos videos de mariscadoras de Cambados e do Serrido e sacamos información básica.
En pequeno grupo fixemos unha tecnica de traballo cooperativo ( folio xiratorio) na que cada membro do equipo aporta información nun folio. Eles traballan con debuxos e tiñan que debuxar unha mariscadora respectando a quenda e a opinión dos compañeiros.
Logo xa o traballamos individualmente nunha ficha, aí xa traballamos a creación de palabras e a conciencia fonolóxica que nos permite achegarnos a escritura.
Seguiremos aprendendo.
Nosotros si tenemos relación con el mar, mi madre es mariscadora y mi padre y mi hermano son bateeiros.
ResponderEliminar