Actividades previas ao Día da Paz e non violencia

Nos días anteriores a conmemoración do día internacional da Paz, traballamos na aula contidos referidos a mesma: contos, cancións, cortos, vocabulario, actividades plásticas...
Desde o departamento de ciclo propuxose facer con corazóns móbiles para o corredor frontal e alá nos puxemos. Cortamos coa Big shot corazons en papel de empapelar dun muestrario. Logo buscamos parellas e pegámolas na tanza. Para esto non chegaban as mans pois queriamos facer as tiras o máis longas posibles. Medíamolas  no chan do corredor....e acabamos xogando.








Tamén traballamos o vocabulario referido ao tema: recortando e pegando ou construindo con legos ou letras magneticas.








Comentarios

Publicacións populares