Vivenciación da grafía das letras

Xa temos consciencia de que os sons que emitimos teñen unha grafía( conciencia fonolóxica), per a máis das veces non damos coa grafía exacta. Para traballar o coñecemento da grafía partimos da vivenciación para pasar a manipulación e o trazo.
Imos poñer o exemplo de actividade que fixemos coa vogal E.
Julia tivo que crear a letra co seu corpo e o dos seus compañeiros.

Así vimos as caracteristicas da grafía, unha liña vertical con tres liñas verticais perpendiculares.

 Cando a profe María veu a nosa aula fixemos unha propsta na alfombra: crear con listóns a grafía e respectar as características ( as antes nomeas e a máis a equidistancia entre as liñas perpéndiculares).
Faciano en équipos de tres , tentanto que hubera consenso no grupo.


 Ao remate trazo no pápel e xogo : Da Habana viña un barco cargado con palabras que tiñan a letra E. Algún pideu escribilas e así ao proceso de aprendizaxe da escrita comeza na aula.

Comentarios

Publicacións populares