Piramide de grimmms




Este é un dos xoguetes aos que lle tiña ganas e no Nadal chegou a miña casa na versión máis pequena. Son  100 bloques de madeira que teñen 2 cm de base e 2,4,6,8 e 10 cm de altura. Permiten facer construccións, series, ordear e traballar a construcción do número alomenos atá o cinco. A versión grande é ideal para ter como xoguete desde os dous anos atá os sete oito misturado con outros xoguetes grimms. Magoa o seu precio.
O primeiro que fixeron foi cheiralo, estanse a viciar coa madeira como a súa profe.
Hoxe desfrutaron creando e construindo, pero tamén dandolle un valor a cada peza. Máis adiante usaremos un material máis estructurado: as regletas cuisenaire ou as regletas numéricas de María Antonia Canals.












Comentarios

Publicacións populares