Ula Lúa
Hoxe tivemos un contacontos na Biblioteca. Celtia Figueiras a autora do conto ULA LÚA veu contarnos a historia dunha gatiña que vive soa coa súa avoa , que ten medo de que lle pase algo e non a deixa sair da casa. Lúa soña con viaxar, percorrer o mundo e facer amigos. Unha historia onde a tenrura, a solidaridade e sobre todo o respecto e a igualdade están presentes e onde non ten cabida a violencia. Está actividade está dentro das propostas polo centro dentro do plan de igualdade.
Comentarios
Publicar un comentario